xoves, 25 de xuño de 2015

Hoxe aquí, mañá alá, pasadomañá na feira.

Penso que foi Hesse quen dixo que a metade do romaticismo dunha viaxe era a espera da aventura, pódese entender de varios xeitos, eu entendo a espera como precisamente eso, o tempo dende que o decides ata que arrancas. Pois ben, hoxe remata a metade dese romanticismo, posto que acabouse a espera, mañá partimos.

Por un lado, Vanessa, por outro José e polo medio a nosa carrinha, aínda sen bautizar, á que preparamos con mimo pero con presas, á que aínda lle quedan cousas por facer...





Ningún comentario:

Publicar un comentario